nunha tarde de ventisca e treboada no providencial albergue de El Burgo Ranero. Aló procuraran tamén acubillo, capeando o duro e frío outono, uns franceses e unha noiesa afincada en Palma de Mallorca. Eu estaba facendo o itinerario de campo para unha guía, eles peregrinando, pero eran moitas as experiencias comúns a intercambiar: cando menos, a penuria daqueles camiños enlagados e ateigados dun barro pringoso, amable adianto do miserento chapapote que nos había invadir.