Desde logo non sabemos o que lle contestou o oráculo, pero a primeira reacción fainos rir pola bendita simplicidade da demanda. Sen embargo, e ben pensado..., ¿non terá algo de razón o anónimo preguntante? Doutro xeito, non se entendería que o Camiño Francés, cando menos, estea en funcionamento soamente pola mañá, pois ó serán xa non hai máis peregrinos en marcha que os absolutamente previsores (que fixeron as súas reservas nun establecemento turístico) ou os compañeiros de despiste do devandito turista.