Número 10 Destacado

Valora este artículo
(0 votos)

Hai pouco, nun xornal galego tívemo-la ocasión de ler unha curiosa anécdota. Resulta que certo viaxeiro despistado, ó estilo de don Xurxiño o inglés - aquel inesgotable propagador da Biblia aló polos albores do século XIX- pero con bastante menos fondo, acudiu a un posto de turismo da comunidade autónoma galega para facer a seguinte e difícil pregunta: -¿Poderíame dicir, se é tan amable, a que hora está aberto o Camiño de Santiago?

Desde logo non sabemos o que lle contestou o oráculo, pero a primeira reacción fainos rir pola bendita simplicidade da demanda. Sen embargo, e ben pensado..., ¿non terá algo de razón o anónimo preguntante? Doutro xeito, non se entendería que o Camiño Francés, cando menos, estea en  funcionamento soamente pola mañá, pois ó serán xa non hai máis peregrinos en marcha que os absolutamente previsores (que fixeron as súas reservas nun establecemento turístico) ou os compañeiros de despiste do devandito turista.

Visto 1747 veces Modificado por última vez en Martes, 03 Enero 2017 01:48
Más en esta categoría: « Número 9 Número 11-12 »