Revista libredón

Para cualquier consulta o para solicitar información puede ponerse en contacto con nosotros a través de la dirección de correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Como xa adoita ser frecuente desde o Ano Santo de 1999, o Camiño volveu padecer, sobre todo nos tramos leoneses e galegos, un preocupante abarrote estival. A excesiva propaganda, en gran medida consecuencia daquel irreflexivo lema de ‘todos ó Camiño’, difundido pola Xunta de Galicia a partir de 1993, trouxo como consecuencia unha realidade pouco desexable: a masificación.

Comezamos hoxe con queixumes, pero non son os laios dun poema de Leopardi, nin tampouco unha acomodación do que cantaban, pensando nos portos de Asturias, os romeiros franceses doutrora (‘O Asturias, bela Asturias, ti es bela pero tamén dura’), senón o sentemento de quen contempla a cidade do Apóstolo, máxima beneficiaria da peregrinaxe, ignorando, por non dicir desprezando, ós peregrinos que a ela chegan.

A propósito do II Encontro Mundial de Confrarías estamos agora a celebra-lo seu aniversario,e da belicosidade que aló se despregou contra as asociacións xacobeas, haberá tempo de reflexionar nas ‘Desglosas Xacobeas’. Cremos, sen embargo, que o
tema ten o suficiente peso como para deixar aquí algúns apuntes sobre tantas acusacións infundadas. Entre elas, o último número do boletín COMPOSTELA encárgase de salienta-la escasa colaboración

Página 9 de 10