Revista libredón

Para cualquier consulta o para solicitar información puede ponerse en contacto con nosotros a través de la dirección de correo electrónico:
Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Non seremos nós quen de critica-lo grande esforzo realizado para promociona-lo pasado Ano Santo. Aquel coelliño, que o mago Portomeñe sacara do seu chapeu de copa pouco antes do 93, medrou, coñeceu coelliña, e xerou prolífica camada. Varrida a vía pola que habían chegar os peregrinos, estes acudiron en torrenteira, ateigando as fachendosas tobeiras que a administración galega lles tiña preparado.

Moitos se están a facer, con reiteración, unha pregunta:
¿por que motivo o V Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas
se celebra en Fisterra cando, en pleno Ano Santo, parecería
máis lóxico facelo en Santiago? Mirade por donde, a resposta vainos
dar ás para tratar unha problemática que xa se vía vir e que
está a superar tódalas previsións: a da masificación da peregrinación
e maila conseguente deturpación dos seus valores 

Estimados socios e amigos:
Ningún momento mellor que a entrada dun Ano Santo para ver cumprido, despois de tantos anos de tanteos infructuosos, este vello anceio da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago que é a saída do primeiro número do noso boletín. Desde que o movemento asociativo xacobeo, nos anos 80, comeza a coller pulo, moitas foron as agrupacións que, a parte de colaborar na revista Peregrino, órgano común para tódalas asociacións españolas, quixeron editar un de seu para difundi-las cada vez máis numerosas actividades e noticias sobre o Camiño e maila peregrinaxe.

Página 10 de 10